Fomos moitos os participantes da primeira andaina do ano celebrada este 30 de outubro organizada coa colaboración do profesorado das actividades extraescolares e da ENDL.
Saímos do centro durante o segundo recreo, e, cun tempo envexable, paseamos pola ribeira do Miño até chegar a Caldelas onde fomos recibidos cunha amabilidade "Cinco Estrelas" polos donos do Balneario. No só nos deixaron almorzar nas mesas do seu xardín senón que ademais convidáronnos ao postre, unhas roscas boísimas, e aos refrescos.
Tamén explicaron a historia das augas do balneario desde un dos salóns do edificio e deixáronnos curiosear as instalacións, moitos sorprendéronse cos cheiros das augas sulfurosas, e para rematar, agasalláronnos cun vaso recordatorio para cada un.
Á volta, e xa co bandullo cheo, iámos cun paso máis pausado, e houbo quen terminou esvarando e caendo nos charcos do camiño. Chegamos ao IES sobre as seis da tarde, cansos pero satisfeitos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario