Amosando publicacións coa etiqueta radio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta radio. Amosar todas as publicacións

21 de xaneiro de 2009

visita a radio tui


A equipa de radio do noso instituto non para quieta nin un momento, ao tempo que argallan o concurso "PONLLE NOME ÁS ONDAS" no que calquera pode aportar ideas, tamén andan coñecendo mundo, neste caso achegáronse hoxe MÉRCORES 21 de xaneiro pola tarde a ver as instalacións da Radio Municipal de Tui.
En breve poñerán todos os coñecementos que adquiriron ao noso servizo coas emisións da nova emisora escolar do instituto.

14 de xaneiro de 2009

PONLLE NOME ÁS ONDAS


XA PODES participar no nacemento da radio escolar, levamos todo o primeiro trimestre organizándoo todo, só nos falta un nome e para iso organizamos un concurso: PONLLE NOME ÁS ONDAS, os nosos radiofónicos compañeiros e compañeiras andan á procura da túa escolla, busca as caixas de correo que se están instalando no centro e mete nelas a túa participación. Se non as topas escríbeas aquí onde dí "comentarios" e nós pasámolla á equipa da radio. ANÍMATE!!!