Amosando publicacións coa etiqueta noticias b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta noticias b>. Amosar todas as publicacións
1 de xuño de 2009
20 de maio de 2009
visita de 2ºESO ao VERBUM
19 de maio de 2009
charla sobre TRANSXÉNICOS
HOXE no instituto tivemos unha charla sobre transxénicos á que acudimos as e os de terceiro da eso. Faláronnos do que eran e das atrocidades ás que podemos chegar os humanos. marchamos para a casa remoendo en varias ideas. Unha delas é "Que podo facer eu para evitar os transxénicos?" A resposta máis adecuada é que debería producir os meus propios alimentos, só así podo saber con certeza que están libres de transxénicos. Como que eu me vaia poñer a cabar na horta é un pouco difícil... tamén hai a opción de ir con ollo ao super e comprobar como son os alimentos. Faláronnos da GUÍA VERDE E VERMELLA que dá información sobre que marcas son sospeitosas de usaren transxénicos, entra ene descárgaa gratuitamente.
7 de maio de 2009
29 de abril de 2009
Radio Nereida inicia a súa programación
e como non era sen tempo, faino ao grande, preséntase así a programacion desta nova vía de comunicación do centro. Non vos despistedes porque nos agardan moitas sorpresas durante as próximas semanas.
MARTES=MÚSICA
MÉRCORES=MÚSICA
XOVES=INFORMACIÓN
...
20 de abril de 2009
manifesto do CORRELINGUA

Manifesto do Correlingua 2009
XA PODES LER O MANIFESTO PARA O “CORRELINGUA” DE “OS CONCIENCIADOS”.
Grupo de 4º da ESO do CPI de Panxón ( Nigrán).
Galicia ten unha lingua propia moi antiga e fermosa, o galego. Debemos falala para así conservala como fixeron os nosos devanceiros que a pasaron de xeración en xeración, ás veces con moitas dificultades porque estivo prohibida nos Séculos Escuros e na posguerra. Afortunadamente mantivérona viva e hoxe temos o deber de mantela viva nós, falándoa en tódolos contextos, na escola, na rúa, no médico, nos fogares, na igrexa, cos amigos, nas discotecas, no noso tempo de lecer (gozando de libros, xornais, música, programas de televisión, documentais, vídeos, películas e obras de teatro en galego), demandando toda esta cultura en galego. De xeito que poidamos transmitírllela logo ós nosos fillos e perdure no tempo moitos séculos máis.
Somos os mozos e as mozas quen temos a obrigación de manter a lingua galega viva e hoxe en día a xuventude non fala moito en galego; xustifícanse dicindo que a súa familia lles fala en castelán e tamén os seus amigos, e que se senten máis cómodos falando en castelán. Mesmo hai rapaces e rapazas que opinan que o galego é unha lingua inferior que non serve para nada, razoamentos totalmente absurdos que se se lles fai caso, rematarán extinguindo a nosa lingua galega e tirarán por terra todo o labor feito polos nosos devanceiros e egrexios escritores e escritoras como Rosalía de Castro, Curros, Pondal, Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao, Manuel Antonio, Cunqueiro, e outros moitos escritores que fixeron posible que o galego perdure no tempo na escrita. Mais non abonda, ten que perdurar tamén na fala, e ese é un labor noso, da xente nova en especial, pois somos o xerme para os que veñan despois e, se falamos en galego, faremos que se manteña viva a lingua galega nas vindeiras xeracións.
Parece mentira que de ser unha lingua de cultura en que se escribiron as cantigas medievais en toda a Península, aínda haxa xente hoxe que diga que a lingua galega é unha lingua inferior. Se foi unha lingua en que escribiron ata os reis- trobadores Afonso X o Sabio e Don Dinis de Portugal, como é que a historia posterior creou tal complexo de inferioridade nalgúns galegos e galegas, ata rexeitala completamente?. Hai quen non quere que se dean as clases en lingua galega nas áreas que pola Lei de Normalización Lingüística se teñen que dar en galego; que din que se está impoñendo o galego no ensino. Prefiren que os seus fillos e fillas aprendan inglés e non galego. Pódese falar en galego, sen que por iso deixemos de aprender outras linguas. Na actualidade o galego non se impón, mais ben o que se impón é o castelán, pois é a lingua maioritaria. Se non facemos por remedialo, seguirá a mesma situación, ou mesmo empeorará, e cada vez haberá menos número de galegofalantes novos, o que levará consigo que a lingua galega se perda. Está nas nosas mans cambiar a situación. Falemos en galego!.
CORRELINGUA EN TUI

As comarcas do BAIXO MIÑO e mailo CONDADO organizan unha festa da lingua no mes de maio, tes toda a información en , será o 13-05-09 co seguinte programa:
Hora de chegada:11:00
Hora de remate prevista: 13:00
Hora de comezo:11:30
Hora prevista acto final:12:00
Itinerario:
Saída: da Corredoira (concentración na Praza de Vigo) – Chegada: Traseira da área Panorámica
Percorrido: Corredoira – Seixas – Praza San Fernando – Sanz – Cuenca – Bispo Castañón – Corredoira – Augusto González Besada - Traseira da área Panorámica
Actuacións:
CHÉVERE E GRUPO GAÑADOR DO A POLO GHIT DO CORRELINGUA
Actividades extraordinarias:
Haberá reparto de agasallos e actuacións do alumnado participante.
31 de marzo de 2009
RADOLONGO
16 de marzo de 2009
ponte
2 de marzo de 2009
ARQUEOLOXÍA
RIBADAVIA
charla da universidade de VIGO
25 de febreiro de 2009
AS REDES DO IES
O noso instituto xa ten unha importante comunidade na rede, entra na páxina do centro, no blog ou no da biblioteca... atrápante as redes do ies?
20 de febreiro de 2009
hoxe ENTROIDO no IES
10 de febreiro de 2009
CONTOS E LENDAS DO MIÑO
O vindeiro venres 13 de febreiro na área panorámica de Tui, ás 20.00h preséntase o libro CONTOS E LENDAS DO MIÑO coa participación de Antonio Reigosa (especialista en lit. oral), Dolores Cortiñas, Delia Argibay, Blanca Álvarez, Dolores Rodríguez (informantes), Dolores Fernández, Teresa Pérez, Eduardo López (alumnos colaboradores), Xosé Luís de Dios (ilustrador), Esther Casal (lectora) e como non, os editores e profesores do noso centro: Susana Casal e Xosé López. Estará amenizada a presentación coa música de Pancho Álvarez.
Non faltes!!!
2 de febreiro de 2009
Xornada verde
O pasado xoves fixemos unha plantacion no instituto de arbores e plantas (aqui tedes un video)....
28 de xaneiro de 2009
RIVEIRO COELLO
XORNADA VERDE
9 de xaneiro de 2009
neve no ies
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








