Amosando publicacións coa etiqueta excursións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta excursións. Amosar todas as publicacións

3 de abril de 2009

UNHA VIAXE AO MUNDO ROMANO



Estes son os alumnos de cultura clásica e latín de 4ºESO e bacharelato que viaxaron o pasado 11 de marzo a Bande (Aquis Querquenis). Primeiro foron a un centro de interpretación da zona e logo viron un antigo campamento militar,que estaba situado no Encoro das Cunchas.

As ruínas estan mergulladas na auga e só puderon ver unha parte. Houbo un momento de aventura cando intentaron chegar ás termas...

Tamén viron os miliarios,que son unhas pedras onde marcaban as distancias nas cazadas romanas.Estes atopábanse na vía XVIII.

Onde comeron? Pois nun centro comercial, onde os sorprenderon unhas pombas que intentaron roubar comida allea.

Pola tarde visitaron un castro romanizado en San Tomé (Ourense), onde o guía era moi extrovertido (ja,ja!), cos seus incisos e coas súas anécdotas sobre as eleccións.

23 de marzo de 2009

OS PEARES


Dende o departamento de ELECTRICIDADE organizan unha saída á central hidroeléctrica dos Peares, será o martes 31 de marzo. Agardamos os vosos comentarios...

vistia a PORTO


As compañeiras e comapñeiros de FISICA E QUÍMICA marchan de viaxe ao PORTO, será o luns 30 de marzo durante todo o día (saída á primeira hora e volta ás 6 da tarde)Irán alumnas e alumnos de 4ºda ESO e BACHARELATOS. Agardamos que o pasen ben e aprendan moitas cousas. Tamén esperamos que nolo conten no apartado de comentarios...

16 de marzo de 2009

teatro INGLÉS-VIGO


FOI o venres 13 de marzo dende as 10.45 e ata 13.35, precisamos dos teus comentarios para saber o que alí pasou...

6 de febreiro de 2009

PERIBÁÑEZ


O dez de febreiro máis teatro no Francisco Sánchez, o alumnado de 3º da ESO (A, B e C) irá a Vigo para ver a obra PERIBÁÑEZ. Saen ás once menos cuarto e volven ás dúas menos vintecinco

TEATRO 1º e 2º ESO


O PRÓXIMO 11 de febreiro os de primeiro e segundo imos ao teatro, vermos a obra OLIVER TWIST.

4 de febreiro de 2009

A CORUÑA


o vindeiro xoves 12 de febreiro o alumnado de 1ºeso e 4ºpdc iremos á Coruña grazas a unha iniciativa do departamento de ciencias naturais. Visitaremos a Domus, a casa das Ciencias e mailo Acuario. Segundo o previsto sairemos a primeira hora e volveremos un pouco tarde, sobre as oito do serán.

29 de xaneiro de 2009

BOTERO


VENRES 30 as compañeiras e compañeiros de 4º da Eso e bacharelatos visitan a exposición sobre BOTERO que hai en Vigo (na casa das artes)
Fernando Botero Angulo é un pintor, escultor e debuxante colombiano nacido o 19 de abril de 1932 en Medellín (Antioquia). Considerado o artista vivo orixinario de Latinoamérica máis cotizado actualmente no mundo. Ícono universal da arte, a súa extensa obra é recoñecida por cativos e adultos de todas partes por igual.

28 de xaneiro de 2009

excursión ao Porto







os compañeiros de taller de emprendedoras e comercio viaxaron...