3 de abril de 2009

UNHA VIAXE AO MUNDO ROMANO

Estes son os alumnos de cultura clásica e latín de 4ºESO e bacharelato que viaxaron o pasado 11 de marzo a Bande (Aquis Querquenis). Primeiro foron a un centro de interpretación da zona e logo viron un antigo campamento militar,que estaba situado no Encoro das Cunchas.

As ruínas estan mergulladas na auga e só puderon ver unha parte. Houbo un momento de aventura cando intentaron chegar ás termas...

Tamén viron os miliarios,que son unhas pedras onde marcaban as distancias nas cazadas romanas.Estes atopábanse na vía XVIII.

Onde comeron? Pois nun centro comercial, onde os sorprenderon unhas pombas que intentaron roubar comida allea.

Pola tarde visitaron un castro romanizado en San Tomé (Ourense), onde o guía era moi extrovertido (ja,ja!), cos seus incisos e coas súas anécdotas sobre as eleccións.

2 comentarios:

blogueiras10 dixo...

E que ben o pasamos!!!

É certo que tivemos 1 pequeno accidente co que rimos moito e unhas paslomas 1 tanto ladroas... por non lenbrar ao guía de San Tomé do que nos rimos a escachar!!
por Deus que dia tan bo!!

Esa foto quitámola posando con posturas como O Pensador, etc.