O IV día da Ciencia en Galego que se vai celebrar ao redor do día 4 de
novembro de 2013,estará dedicado fundamentalmente á Arte e a Ciencia e á
Estatística (estamos no Ano Internacional da Estatística), dedícaselle
ao arquitecto Richard Buckminster "Bucky" Fuller (lembraredes o fullereno do II dia da ciencia en Galego) , a Florence Nightingale e e o artista e científico galego, creador de Sargadelos, Isaac Díaz Pardo.
Recollemos aquí o enlace ao traballo feito por alumnado de 4º da ESO do IES Sánchez Cantón do curso 2012-13, no que se mostran algunhas obras de arte relacionándoas cos obxectos matemáticos e xeométricos que nelas aparecen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario