24 de novembro de 2020

 

#VinteCoaLingua

Desde aquí poderás seguir o Correlingua 2020 en A Estrada e Ourense

 

Preme nas seguintes ligazóns para asistir ás actividades:

A ESTRADA | 24 de novembro 2020
12:00h Teatro Principal
Cuarta Xusta (gañador de Cantalingua)
https://youtu.be/33uHBfr1eHQ

OURENSE) | 27 de novembro 2020
12:30h IES As Lagoas
Aldaolado
https://youtu.be/E_VVd4l-PcU

 

 
 

Ola a tod@s

 

Aínda aquí estamos. Non cumprimos 20 anos sempre e por iso temos ganas de troula, desta volta será dun xeito diferente e cumprindo con todas as medidas marcadas polas autoridades educativas e sanitarias

Queremos partillar con vós a nosa ilusión por seguir aínda que non poida ser como máis nos gustaría. Non puidemos saír ás rúas en maio para celebrarmos a nosa festa.  Démoslle unha volta a todo e aquí estamos en novembro decididas a pasalo ben interactuando con vós por medio da rede e que sexades protagonistas dos nosos streaming. Podedes seguir a nosa festa e participar das diferentes actividades desde os vosos centros.

Desexamos que o Correlingua sexa unha actividade que perdure todo o ano buscando sempre e a vosa complicidade e argallando actividades e retos que permitan ter unha maior relación e entendemento cos centros educativos.

Todos os centros do país poderedes participar con nós deste reto, que vai ser o Correlingua, dinamizando e dándolle pulo ao idioma dun xeito lúdico e participativo. 

Nesta semana estaremos en A Coruña, A Estrada, Ourense e Vigo, con retransmisión desde A Estrada e Ourense, e para que poidades seguir coa rapazada estes dous concertos, utilizade a ligazón para a transimisión destas actividades

 

#VinteCoaLingua #NonParamos



Iremos informando das distintas transmisións que se celebrarán no que queda de novembro e nos inicios de decembro

Grazas e moita festa da lingua!

23 de novembro de 2020

 Está aberto o plazo para apuntarse ó equipo de normalización,podedes pedir o papel en conserxería,esperemos que melloren as condicións sanitarias para canto antes poder facer actividades normales.

11 de febreiro de 2020

Saída a Santiago Mupega e Cidade da Cultura

 O pasado 6 de Febreiro fomos ver o museo Pedagóxico Galego, no que poidemos sentarnos nas cadeiras nas que estudaron os nosos bisavós,ver os materias que empregaban,escribir co pizarrín na pizarra........

 Pola tarde estivemos no Gaiás onde nos ensinaron unha exposición dende os celtas ata a emigración dos anos 60 en adiante,tanto a mostra coma a propia Cidade da Cultura foi unha visita ben bonita.



10 de decembro de 2019

Visita ó Museo de Pontevedra

 
O pasado Venres 29 de Novembro visitamos o Museo de Pontevedra,foi unha visita moi interesante na que nos dividiron en dous grupos e cada un fomos percorrendo o museo con unha guía que nos foi explicando as diferentes salas e exposicións. Logo disfrutamos de hora e media polo casco antigo de Pontevedra.


29 de outubro de 2019

MAGOSTO 2019

O vindeiro luns 11 de Novembro, día de San martiño.Celebraremos unha convivencia cun magosto e chourizos asados nas faldas do Monte Aloia, esta quedada valeranos para coñecernos os membros da EDNL de este ano e falar dos proxectos para o curso.


27 de xuño de 2019

SAÍDA EDL 2019-A GUARDA

Hoxe, 27 de xuño seguimos no camping de A Guarda. Pola mañá fixemos unha pequena andaina ata a praia de Camposancos. Ao pasar polo pobo de A Pasaxe descubrimos un colexio xesuita en ruinas espectacular. Logo disfrutamos dunha horiña de praia e voltamos para o camping.

Tarde de piscina e xogos variados e risas coa lora Lola, a mascota máis simpática da contorna. O malo é que todo o bo se acaba, mañá voltamos para Tui pero para o ano máis e mellor.













26 de xuño de 2019

SAÍDA EDL 2019- A GUARDA

  Chegamos onte,o primeiro que fixemos foi xuntarnos todos e montar  o campamento. Ese día xa disfrutamos da piscina pero cando se fixo de noite tivemos unha visita inesperada, a choiva, que nos acompañou ata a mañá seguinte, menos mal que as tendas eran do Declaton, menos a do Raúl, Mario e Miguel que a debeu comprar o Isma no chino porque amenceron empapaos.

  Hoxe fomos andar ata o centro da Guarda,vimos o porto e cando estabamos xa listos para comer unha boa mariscada as profes dixéronnos que non era gratis, así que... para o camping a comer empanada. Pola tarde sesión de "molla na piscina" e macrocampeonato de minigolf,vahhh! uns profesionais....

 




27 de maio de 2019

Correlingua 2019

O xoves 23 de maio acudimos os alumnos de primeiro da ESO a Ponteares a participar no Correlingua,foi unha mañán reivindicativa polas rúas de Ponteareas e de actuacións no parque no que se levan a cabo a meirande parte das actuacións neste pobo.Aqui deixamos testemuña da nosa presencia coa foto

15 de abril de 2019

Andaina aprazada


Que pena, pero a chuvia fixo imposible a andaina, deixámola para outra ocasión na que as previsións den mellor tempo

2 de abril de 2019

Andaina dende Salvaterra aTui


O vindeiro 15 de Abril iremos en bus ata Salvaterra e dende alí viremos camiñando pola beira do miño ata o centro.

Recordade levar comida pois xantaremos á altura de Caldelas.

A andaina é todo o día, estaremos de volta para coller os autobuses da tarde.

18 de decembro de 2018

Andaina polo tramo de Tui a porriño do camiño de Santiago

Este luns día 17 fixemos unha andaina polo tramo do camiño de Santiago que percorre polo concello de Tui, este tramo recén preparado no seu percurso pola Parroquia de Ribadelouro amósase como un percorrido moi interesante tanto a nivel paisaxístico coma polo seu significado, con contínuos cruces por pontes medievais sobre o río Louro. Foi un día realmente agradable no que a meteoroloxía nos deu un respiro.















Á hora de comer sentímonos coma os da Panorama

14 de decembro de 2018

Reparto das bolsas de compra coa cita de Manuel María

Este venres repartimos as bolsas, ainda faltades varios por collelas, recordamosvos que todolos membros apuntados á EDL tedes que recollelas. Asimesmo falamos do grupo de teatro, os que esteades interesados dádelle o nome a Toño, Conchi, Maite ou Esther canto antes.

11 de decembro de 2018

REPARTO BOLSAS E GRUPOS DE TEATRO

O vindeiro venres 14 de decembro no primeiro recreo na aula de usos multiples entregarmos as bolsas a todos os membros do EDL. Polo tanto tendes que asistir todos. Ademais falaremos dos que esteades interesados de participar nos grupos de teatro.

4 de decembro de 2018

Grupo de Teatro

Os membros do EDL que sexades entusiastas da representación estades de Noraboa,este ano contamos coa colaboración de profes que nos axudarán a ensaiar e representar unha obra de teatro que vos vai encantar, non penso facer espoiler...a vindeira semana chegan as bolsas, estade atentos pois o día que nos reunamos para repartilas falaremos do tema e poderedes apuntarvos os interesados.

29 de novembro de 2018

ANDAINA DO 1º TRIMESTRE

    O vindeiro Luns 17 de decembro sairemos os membros do Edl a percorrer o tramo do camiño de Santiago dende o Instituto ata Porriño. A saída será as 9 da mañá e estaremos de volta as 6 da tarde para que podades voltar á casa nos autobuses coma cada luns.
   Os que esteades interesados en participar tedes que:
-estar apuntados no Edl
-pedir a autorización da saída e traela asinada antes do venres 14 de decembro
-traer unha mochila coa comida e bebida para o día da andaina e roupa e calzado axeitados
Podedes atopar información sobre o percorrido nesta ligazón:
 http://caminodesantiago.consumer.es/etapa-de-tui-a-o-porrino

27 de novembro de 2018

Este ano os membros do equipo de normalización do Ies venderemos bolsas para a compra para recadar fondos para facer unha convivencia a final do curso 2018-19 contribuindo ademais a que cada vez se empregue menos plástico no día a día.Aquí podedes ver un modelo das bolsas, haberá catro distintos.Esta é so unha maqueta, por eso ten unha falta, atopádela non?



16 de novembro de 2018

MAGOSTO 2018



Hoxe celebramos o noso magosto. Cun tempo máis propio da primavera que do outono, comimos castañas, aproveitamos a xornada para gozar cos xogos tradicionais, participamos nunha nova sementeira e ademais, este ano, tivemos taller de chapeus con follas de castiñeiro.👏👏👏
E, case nos esquecemos, tamén houbo degustación de postres cuxa protagonista foi....A CASTAÑA 😋

26 de xuño de 2018

Intuilequia 21

Para poder lembrar o feito durante este curso podemos gozar dun novo exemplar de Intuilequia. Grazas a todos os que a fixéchedes posible.


24 de maio de 2018

Unha aperta a todos os damnificados

Hoxe foi un día triste no noso centro. Varios alumnos e as súas familias sufriron as consecuencias da explosión de onte na parroquia de Paramos, desde este blog queremos transmitir o noso pesar, e desexar que os feridos se recuperen o antes posible, para retomar a normalidade do día a día. En particular, queremos trasladar as nosas condolencias á comunidade magrebí, pola súa perda.

17 de maio de 2018

Microrrelatos gañadores do VII concurso de microrrelatos

E hoxe, no día das letras galegas, publicamos os textos gañadores.


Noraboa  ás gañadoras e ao gañador!

Buscade a Miriam para saber como facer co premio (preguntade en conxerxería).

CATEGORÍA A:

1º premio

Ilusións confusas
Espertar, xogar, comer, durmir.
Esa é a rutina.
Rara vez fago algo que non se trate disto. É algo habitual. É coma se nacese para facer isto. Xogar na realidade virtual é sinxelo. Ti conectas o teu cerebro a un dispositivo que provoca ilusións. Ilusións que se converten en videoxogos nos que ti mesmo podes controlarte no espazo, voando, con poderes…
Esta vez parecía que o xogo era pouco orixinal. Estaba nunha rúa dunha cidade, e non había ningún obxectivo nin misión que facer. Era ceibe. Quixen probar se tiña algún tipo de forza especial e subín a un rañaceos. Tireime e o aire deume na faciana.
Foi unha sensación xenial. A xente do redor miroume espantada e eu rinme. Case coma se fose real. Pero, e se estivese na realidade? Hai quen di que chega un momento que non sabes se estas no xogo ou na realidade. Pero a verdade é que non hai realidade. A vida é un xogo.
Mirei de novo ao chan e sentín a dor antes de que todo se volvese negro.

Óscar Mirás Sánchez, 2º ESO C

2º premio

Un domingo, pola mañá, o meu avó máis eu, fomos pescar, era a miña primeira vez, tiña moitas gañas porque me falaron moi ben da pesca. Meu pai tiña unha barca, perfecta para pescar, cando montei nela non quería saír dalí, era moi cómoda, e impermeable. Eu, ao ser pequeno, tiña unha cana moito máis pequena que a do meu avó. Non sabía tirar a cana, cando a lancéi, caiume á auga!
Tiven que por o bañador e tirarme a buscala. Xustamente estaba no fondo de tanto que tardei!. Cando cheguei á barca, tiña peixeis no bañador!
É unha mellor maneira de pescar que a do meu avó!

Elena Vieira Fernández,  1ª ESO C

CATEGORÍA B:

1º premio

Era unha noite como outra calquera. Un mozo durmía tranquilo na súa cama cando, ante a necesidade imperiosa de ir ao baño, ou quizais ante unha falta de soño, espertou.
Incorporouse no seu confortable leito e colleu o pequeno reloxo espertador que dormitaba na súa abarrotada mesiña de noite: 1:06 a.m.
De súpeto, un estrondo enorme, como o dunha bomba, e, en cuestión de segundos o armario, o antigo armario de madeira que tiña no seu dormitorio, fíxose cachizas e, del saíu a máis abobinable e horrible criatura que vira e vería xamais. E en cuestión de segundos tamén, está abalanzouse sobre el e cravoulle as súas gadoupas, matándoo ao instante…
De súpeto,como impulsado por un resorte levantouse, sobresaltado, bañado en suores frías e con calafríos...
Tivera un pesadelo...sentou na cama e colleu o seu pequeno espertador, viu a hora: 1:05 a.m. Algo tentaba saír do antigo armario..

Eva Ordóñez Gómez, 4º ESO B

2º premio

No corazón
- Ti podes ser o que queiras, tes luz propia, só cree en ti mesma, vas poder con todo- suspirou-. Faille caso ao teu corazón vaite guiar. Faille caso aos que te queren, vanche axudar- tusiu-. Deixa de lado ás criticas que non son construtivas mais aplica as que o son así mellorarás -cada vez falaba máis baixo-. Ama, é marabilloso-suspirou de novo-. Escoita o silencio. Os atardeceres son preciosos, presénciaos-colleu un ultimo alento-. E unha cousa máis, non deixes de soñar- deixou este mundo-.

Adriana Correa Villarino, 4º ESO B

Premios por categoría:
1º premio: Vale de 40 euros para gastar en libros ou música.
2º premio: Vale de 15 euros para gastar en libros ou música.