E hoxe, no día das letras galegas, publicamos os textos gañadores.
Noraboa ás gañadoras e ao gañador!
Buscade a Miriam para saber como facer co premio (preguntade en conxerxería).
CATEGORÍA A:
1º premio
Ilusións confusas
Espertar, xogar, comer, durmir.
Esa é a rutina.
Rara vez fago algo que non se trate disto. É algo habitual. É coma se nacese para facer isto. Xogar na realidade virtual é sinxelo. Ti conectas o teu cerebro a un dispositivo que provoca ilusións. Ilusións que se converten en videoxogos nos que ti mesmo podes controlarte no espazo, voando, con poderes…
Esta vez parecía que o xogo era pouco orixinal. Estaba nunha rúa dunha cidade, e non había ningún obxectivo nin misión que facer. Era ceibe. Quixen probar se tiña algún tipo de forza especial e subín a un rañaceos. Tireime e o aire deume na faciana.
Foi unha sensación xenial. A xente do redor miroume espantada e eu rinme. Case coma se fose real. Pero, e se estivese na realidade? Hai quen di que chega un momento que non sabes se estas no xogo ou na realidade. Pero a verdade é que non hai realidade. A vida é un xogo.
Mirei de novo ao chan e sentín a dor antes de que todo se volvese negro.
Óscar Mirás Sánchez, 2º ESO C
2º premio
Un domingo, pola mañá, o meu avó máis eu, fomos pescar, era a miña primeira vez, tiña moitas gañas porque me falaron moi ben da pesca. Meu pai tiña unha barca, perfecta para pescar, cando montei nela non quería saír dalí, era moi cómoda, e impermeable. Eu, ao ser pequeno, tiña unha cana moito máis pequena que a do meu avó. Non sabía tirar a cana, cando a lancéi, caiume á auga!
Tiven que por o bañador e tirarme a buscala. Xustamente estaba no fondo de tanto que tardei!. Cando cheguei á barca, tiña peixeis no bañador!
É unha mellor maneira de pescar que a do meu avó!
Elena Vieira Fernández, 1ª ESO C
CATEGORÍA B:
1º premio
Era unha noite como outra calquera. Un mozo durmía tranquilo na súa cama cando, ante a necesidade imperiosa de ir ao baño, ou quizais ante unha falta de soño, espertou.
Incorporouse no seu confortable leito e colleu o pequeno reloxo espertador que dormitaba na súa abarrotada mesiña de noite: 1:06 a.m.
De súpeto, un estrondo enorme, como o dunha bomba, e, en cuestión de segundos o armario, o antigo armario de madeira que tiña no seu dormitorio, fíxose cachizas e, del saíu a máis abobinable e horrible criatura que vira e vería xamais. E en cuestión de segundos tamén, está abalanzouse sobre el e cravoulle as súas gadoupas, matándoo ao instante…
De súpeto,como impulsado por un resorte levantouse, sobresaltado, bañado en suores frías e con calafríos...
Tivera un pesadelo...sentou na cama e colleu o seu pequeno espertador, viu a hora: 1:05 a.m. Algo tentaba saír do antigo armario..
Eva Ordóñez Gómez, 4º ESO B
2º premio
No corazón
- Ti podes ser o que queiras, tes luz propia, só cree en ti mesma, vas poder con todo- suspirou-. Faille caso ao teu corazón vaite guiar. Faille caso aos que te queren, vanche axudar- tusiu-. Deixa de lado ás criticas que non son construtivas mais aplica as que o son así mellorarás -cada vez falaba máis baixo-. Ama, é marabilloso-suspirou de novo-. Escoita o silencio. Os atardeceres son preciosos, presénciaos-colleu un ultimo alento-. E unha cousa máis, non deixes de soñar- deixou este mundo-.
Adriana Correa Villarino, 4º ESO B
Premios por categoría:
1º premio: Vale de 40 euros para gastar en libros ou música.
2º premio: Vale de 15 euros para gastar en libros ou música.
Ningún comentario:
Publicar un comentario