11 de maio de 2018

Visita de Pedro Feijoo ao centro



  
O 16 de marzo, entre temporal e temporal, tivemos a sorte de recibir en Usos Múltiples a visita de Pedro Feijoo grazas ás xestións feitas por Pepe, profesor do departamento de galego; o alumnado de bacharelato compartiu co autor as dúas primeiras sesións da mañá. Presentouse a si mesmo máis como un gran lector que coma un escritor.
Foi unha grata sorpresa constatar que detrás do autor de Os fillos do mar ou A memoria da choiva existe unha persoa con fino sentido do humor e grandes doses de humildade, que, ademais de atrapar a audiencia desde os primeiros momentos, obsequiounos coas súas reflexións sobre a actualidade, como cando contestou que lle parecía o secuestro de libros (en alusión a Fariña de Nacho Carretero).
Tras escoitar as intervencións dos alumnos e alumnas, desde a sinceridade de   "Non lin o teu libro, por que debería lelo?" ata as preguntas sobre como é o labor de documentación dun libro como A memoria da chuvia, Pedro Feijoo, sempre cun sorriso, iniciaba a resposta cun "encántame que me fagan esa pregunta", para, a continuación, mergullarse na resposta.
Moitos gardaremos esta visita nos nosos recordos 😄




Ningún comentario: