Noraboa aos premiados!
CATEGORÍA A:
O premio quedou deserto por falta de participación. :-(
CATEGORÍA B
1º premio
"Quedei só. Estou no medio dun campo de minas. O meu cerebro vai a toda présa examinando o terreo. Un, dous, tres, por pouco! Os músculos están en tensión, doe. Os latexos do corazón son cada vez máis rápidos, semella querer fuxir pola gorxa. Podo sentir a secreción de adrenalina. Costa respirar, os pulmóns queren rebentar a caixa torácica por falta de espazo. Alto!Se ergo o pé... -Fillo queres deixar de xogar co boneco e comer os lacasitos."
Andrea Taboada Rodríguez, 2º B. B
2º premio
A INVASIÓN DA PRAZA
Cando Xoán chegou ata a praza
maior do pobo atopouse cos invasores: abellas xigantes rodeando a súa
gran colmea, viquingos xunto co seu barco armados para a guerra, un
avión esnaquizado cos superviventes do accidente, uns militares co
seu tanque, e unha revolución animal seguindo ao seu can xefe.
Semellaba unha competencia demasiado difícil para as nosas
sevillanas bailando ao ritmo de “reggaetón”. Pareceume que neste
carnaval non gañábamos nin o premio á música máis orixinal.
Guillermo Martínez Loureiro, 1º B. A
Premios por categoría:
1º premio: Vale de 40 euros para gastar en libros ou música.
2º premio: Vale de 15 euros para gastar en libros ou música.
Falade con Miriam para xestionar os premios
Ningún comentario:
Publicar un comentario