Parabéns ás premiadas !!!
Poñédevos en contacto con Miriam no 2º recreo do martes 30 de marzo na conserxería.
Categoría A:
Alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO, EPA, ESA e PCPI
1º premio:
O FIN Todo parecía que se afundía. O mundo íase acabar! Non había posibilidades de fuxir. Chegara a hora de velar polas nosas almas, que estaban no inferno. Entrou o demo e sentenciou: -Benvidos ao novo curso! Quedan 9 meses.
|
2º premio:
Soaba música, mentres as súas bágoas caían.Mentres o seu mundo
se afundía ante ela. Vela así vela tan rota, producía unha dor no
peito, unha dor inmensa.Tan só ten dezaseis anos,e a súa vida
desmorónase,quizáis o único que quede de felicidade sexan as súas
cartas.
Cartas de amor, cartas de pena, cartas. Podo escoitar a melodía de Chopin, Nocturno.
Tan bonita, tan triste.
Sophie levantouse cos ollos cubertos de bágoas.Apenas sen mirar a porta medio aberta.
Cartas de amor, cartas de pena, cartas. Podo escoitar a melodía de Chopin, Nocturno.
Tan bonita, tan triste.
Sophie levantouse cos ollos cubertos de bágoas.Apenas sen mirar a porta medio aberta.
Sandra Fernandes Barbosa |
2º ESO B |
Categoría B:
Alumnado de 4º da ESO, Bacharelato e Ciclos
Alumnado de 4º da ESO, Bacharelato e Ciclos
1º premio:
A falta de alimento que levaba aturando durante semanas obrigoume a saír da miña diminuta vivenda para atopar algo que levar á boca. Atravesei unha xigantesca chaira sen atopar nada comestible así que decidín buscar un mellor lugar no que puidese construír unha trampa capaz de apresar algo que comer. Trepei sen dificultades por unha pendente vertical ata alcanzar a altura na que habitan as criaturas voadoras e comecei co meu plan. Cando fixen aproximadamente a metade escoitei un forte estrondo e, de súpeto, un humano desagradado pola miña tarefa de tecer aquela belísima tea ou simplemente ao que lle dan noxo os octópodos esmagoume cunha zapatilla.
2º premio:
Ola rapaces e rapazas cotillas, xa sei que viñestedes aqui para fisgonear no que non é voso, facedes isto con todos? Pero como sodes...Xa que vexo moito interés voume presentar, chámome...non, non vou dicir como me chamo, non merecedes sabelo. Non busquedes o meu nome, ninguén me coñece porque eu non son nada nin nadie, non existo. E logo, quen escribiu esta mensaxe? Vos preguntaredes, moi sinxelo, axudáronme os meus compañeiros da noite. Ao principio evitaba a oscuridade, din que se permaneces nela moito tempo nela acabarás por converterte nunha sombra. Agora eu son unha, e mirade, non é tan malo. Observamosvos dende a oscuridade, tede coidado
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario