22 de outubro de 2014

Saída da EDL aos Muíños do Tripes

Novamente ao inicio do curso fíxose a saída de convivencia da EDL. Este ano, debido ao mal tempo das semanas pasadas, esperamos ata o 22 de outubro para facer a andaina aos Muíños do Tripes. Despois destas últimas chuvias os regatos estaban cheos de augas escandalosas que baixaban por rápidos e fervenzas, e os cogomelos esperaban a ser recollidos á beira dos camiños.
Incluso moitos decidiron refrescarse como se fóra a subida ao Aloia.


Ningún comentario: