Parabéns aos premiad@s !!!
Poñédevos en contacto con Miriam no 1º recreo do mércores 30 de abril na conserxería
Categoría A:
Alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO, EPA, ESA e PCPI
1º premio:
ESCURIDADE
Era mércores e aínda non anoitecera.
Ía de camiño á festa do Apóstolo, con música no meu auricular,
xa estaba chegando a Santiago. Quedara cuns amigos na alameda para
ver os fogos. Parecía que aquel ía ser un día divertido, pero de
súpeto o estrondo, varios berros, moitos sangraban ao meu redor. Eu
tamén. Agora escribo isto, aínda non teño claro en que lugar.
Puxen a televisión e todas as canles falaban dun accidente de tren
en Santiago. Xa había 78 mortos. Entón pregúntome a min mesmo:
-Que soñei?
Alexandre González Fernández, 1º ESO
A
2º premio:
"A festa do Entroido era hoxe.
Xoán non sabía o que facer, nin de que se ía disfrazar, colleu uns
cantos trapos. Coseunos moi rápido e foi a festa. A súa capa
parecía do Paleolítico, e Xoán pensaba que os seus amigos ían
rirse del. Se equivocou ben equivocado, o seu disfrace era tan malo,
tan malo, que pensaron que o fixera a propósito, e Xoán, tivo
o primer premio por orixinalidade.
Xoán aprendeu que coa imaxinación se poden facer moitas cousas e chegar ao que te propós."
Xoán aprendeu que coa imaxinación se poden facer moitas cousas e chegar ao que te propós."
Categoría B: Alumnado de 4º,
Bacharelato e Ciclos
1º premio:
"Tiña o peito
partido,escachado,
conxelado de querer e non deixarse.
Tiña bágoas de cervexa,
(que bebía cada día).
A súa cara era o fume e a tortura,
que se obrigaba a vivir,
e que o rodeaba,
cando pensaba.
E na comisura dereita dos beizos,
gardaba o pétalo da margarida susurrante:
""non me quere"".
E os ollos son o espello da mente máis inqueda,
máis silenciosa,
cuxo motor non é máis que o palpitar do medo.
son galaxia (sen descubrir).
e miran coma un sol que se apaga,
coma un crepúsculo de outono-inverno,
indescifrable, fráxil.
Sempre me dicía que me quería,
cando eu xa fuxía,
conservando o cheiro do seu pelo entre os dedos.
Como se non quixera que lle contestara.
Como se non necesitara sabelo."
conxelado de querer e non deixarse.
Tiña bágoas de cervexa,
(que bebía cada día).
A súa cara era o fume e a tortura,
que se obrigaba a vivir,
e que o rodeaba,
cando pensaba.
E na comisura dereita dos beizos,
gardaba o pétalo da margarida susurrante:
""non me quere"".
E os ollos son o espello da mente máis inqueda,
máis silenciosa,
cuxo motor non é máis que o palpitar do medo.
son galaxia (sen descubrir).
e miran coma un sol que se apaga,
coma un crepúsculo de outono-inverno,
indescifrable, fráxil.
Sempre me dicía que me quería,
cando eu xa fuxía,
conservando o cheiro do seu pelo entre os dedos.
Como se non quixera que lle contestara.
Como se non necesitara sabelo."
2º premio:
Sentes que está detrás túa, corres,
co corazón na man, corres para salvar a túa vida, para deixalo
atrás, pero sen te decatares, está diante túa outra vez. Mírate
con eses ollos cheos de amargura e frialdade. Só ti podes
enfrontarte e acabar con el, pero sorrí porque sabe que non vas
poder, porque o que tes diante é o teu reflexo, os teus pensamentos,
e que xa non tes maneira de escapar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario