Antes de irnos de vacacións de Nadal, a maioría das titorías do IES participaron na festa gastronómica "Sabores do Mundo" para pechar o ano, rapaces e rapazas de distintas idades acolleron con entusiasmo a celebración e participaron con receitas tanto tradicionais como innovadoras nunha xornada onde houbo comida a fartar.
Os gañadores desta edición resultaron ser os compañeiros de 1º ESO A. No premio se valoraba non só a calidade das comidas presentadas senón que estiveran acompañadas de receitas e que a maioría da clase fixera un bo traballo en grupo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario