In Memoriam,
José Luis Sampedro (Barcelona, 1 de febrero de 1917 – Madrid, 8 de abril de 2013)
A “autoaprendizaxe” como forma de vida.
Eu comparo a educación cunha
árbore. Parte dunha semente, e nela hai unhas potencialidades, o mesmo
que o home nace cunhas potencialidades nos xenes. Logo esas
potencialidades veranse reforzadas ou dificultadas, ou complementadas
dependendo das circunstancias en que se nace e se crece. Pero dentro
desas condicións impostas pola nosa orixe e
o mundo que nos rodea, podemos tomar decisións e elixir un camiño ou
outro. Moitas veces dise que non temos liberdade porque dependemos de
moitas cousas, é certo, pero tamén hai unha marxe para as nosas propias
decisións e eleccións. Podemos elixir entre depender dunhas
circunstancias ou doutras, ser colaborador dunha cousa ou doutra, é
dicir, podes ir conformándote. (recollido e traducido de http://www.jotdown.es/2013/03/jose-luis-sampedro-estamos-viviendo-un-momento-tragico-wert-es-una-amenaza-para-la-educacion-espanola/)
José Luis Sampedro apareceu na miña vida alá cando eu estaba no verano entre segundo e terceiro de BUP (xa choveu, e máis despois deste inverno ) e podía devorar libros e disfrutar das praias de Vigo, namoreime da beleza da súa narración coa lectura de La vieja sirena e posteriormente viñeron outros, por esa orde, La sonrisa etrusca, El Río que nos Lleva, Real Sitio...
E, aos poucos, en entrevistas, fun vislumbrando a marabillosa persoa que se escondía detras do autor que me cautivou, cunha lucidez envexable ata o final dos seus días e coa súa integridade de pensamento. Un maestro.
Miriam
Ningún comentario:
Publicar un comentario