DÍA DE ROSALÍA
No noso IES quixemos sumarnos a esta homenaxe á poetisa de Padrón. O alumnado realizou diversos traballos cos poemas de Cantares, desde collages ata a reprodución dalgún poema ou fragmento e a súa ilustración. Tamén traduciron a diversas linguas poemas da autora.
Participamos na lectura pública de poemas convocada pola Biblioteca de Tui. Sete alumnas recitaron poemas de Cantares, facéndoo realmente ben. Os nosos parabéns e o noso agradecemento a Johanna Alonso Carrera: "Alborada",
Laura González Martínez: "Nascín cando as prantas nasen", Beatriz Amorín Rodríguez: "Quíxente tanto, meniña" de 1º BAC, Cynthia Fernández: "Adiós ríos, adiós fontes", Soledad Álvarez: "Negra sombra", Fátima Zahra Eljabrarui Tésrasni: "Has de cantar" de 4º ESO e Paula Gregores Pereira: "Eu cantar, cantar, cantei" de 2º ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario