Unha paisaxe sonora defínese como un ambiente acústico ou un ambiente creado polo son. Na súa concepción orixinal referíase ao ambiente acústico natural: os sons das forzas da natureza, os animais e os seres humanos.
(definición da Galipedia)
No noso centro Sonia Pereiro, profesora do Departamento de Música, propuxo unha recompilación de sons para elaborar a paisaxe sonora da nosa contorna.
Aquí deixamos algúns dos traballos feitos polos vós
Paisaxe sonora I. Rocío Domínguez Ferreiro. 3º ESO
Esta
imaxe está fotografiada na saída dun Muíño en Barrantes (Tomiño).
Está grabada en Outono, e escoitase como a auga corre polo seu
cauce. Neste son non existe ningún tipo de sinal. Este son é
“relaxante” e transmite paz e alegría.
Escollín
este sitio porque gústame escoitar a auga caendo, e a parte este
sitio tan fermoso está preto da casa de meus avós a cal vou a
miúdo.
Paisaxe sonora II. Lara Fernández Fernández. 3º ESO
Esta imaxe corresponde
a una pequena poza de Rebordáns, Tui. O son foi grabado en Outono en
el escoitase a agua correr. O fondo sonoro e o continuo movemento da
agua e non existe ningún tipo de sinal.
Forma parte desta
paisaxe sonora un son “agradable”.
Escollín esta paisaxe
porque gústame moito ese lugar, xa que como nunca hai xente e pasan
poucos coches só se escoita a agua e é moi relaxante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario