11 de marzo de 2010

Aíd: RAP en Galego.



Non teño flow, o que teño é xeito di en Ai Non, un dos 16 cortes de 'Jugando'. Aíd é unha rapaza de Vigo, ten 19 anos e nas súas cancións explica a vida dos barrios da cidade, a esencia da capital do sur, como poucos o fixeron antes.

O nome de Aíd comeza a soar con moita forza dende que gañara a IV edición do Heineken Greenspace por diante de máis dun milleiro de aspirantes,premio que acadou cunha canción en galego.

Dende o verán de 2007 exerce de locutora e guionista no programa 'Moito de aquí' en Radio Piratona (106.0 FM), dedicado á divulgación dos grupos locais e fiel á cultura galega.


No disco cabe destacar a produción de “El puto coke” que o achega ao funk e á música negra. Iso fai que brillen aínda máis as inspiradas letras e os ritmos de Aíd, cunha afección pola poesía que a levou con tan só trece anos a gravar os seus primeiros temas.


Neste disco aparecen dous temas integramente en galego,”Non importa” e o xa mencionado “Ai non”.


Ningún comentario: