5/29/2017

Gañadores Microrrelatos 2017

E, por fin, case pouco antes de rematar o curso, publicamos os microrrelatos gañadores.

Noraboa aos premiados!

CATEGORÍA A:
O premio quedou deserto por falta de participación. :-(


CATEGORÍA B

1º premio

"Quedei só. Estou no medio dun campo de minas. O meu cerebro vai a toda présa examinando o terreo. Un, dous, tres, por pouco! Os músculos están en tensión, doe. Os latexos do corazón son cada vez máis rápidos, semella querer fuxir pola gorxa. Podo sentir a secreción de adrenalina. Costa respirar, os pulmóns queren rebentar a caixa torácica por falta de espazo. Alto!Se ergo o pé... -Fillo queres deixar de xogar co boneco e comer os lacasitos."


Andrea Taboada Rodríguez, 2º B. B



2º premio
A INVASIÓN DA PRAZA
Cando Xoán chegou ata a praza maior do pobo atopouse cos invasores: abellas xigantes rodeando a súa gran colmea, viquingos xunto co seu barco armados para a guerra, un avión esnaquizado cos superviventes do accidente, uns militares co seu tanque, e unha revolución animal seguindo ao seu can xefe. Semellaba unha competencia demasiado difícil para as nosas sevillanas bailando ao ritmo de “reggaetón”. Pareceume que neste carnaval non gañábamos nin o premio á música máis orixinal.


Guillermo Martínez Loureiro, 1º B. A
 
Premios por categoría:
1º premio: Vale de 40 euros para gastar en libros ou música.
2º premio: Vale de 15 euros para gastar en libros ou música.

Falade con Miriam para xestionar os premios

Nenhum comentário: