11/12/2017

Magosto 2017

Un ano máis os alumnos e profesores do Indalecio gozamos no magosto.
Houbo castañas asadas, xogos tradicionais, música e incluso unha sementeira de carballos, castiñeiros e outras árbores autóctonas co desexo de que na primavera teñamos plantóns para facer unha pequena repoboación. Sementes de hoxe, bosques de mañá!


7/10/2017

Intuilequia 20

Por fin!!!!! Chegou antes o verán que a nosa publicación....pero xa está aquí.
Deixamos máis abaixo o enlace, esperamos que a gocedes.
Ata o próximo curso ;-)

5/29/2017

Gañadores Microrrelatos 2017

E, por fin, case pouco antes de rematar o curso, publicamos os microrrelatos gañadores.

Noraboa aos premiados!

CATEGORÍA A:
O premio quedou deserto por falta de participación. :-(


CATEGORÍA B

1º premio

"Quedei só. Estou no medio dun campo de minas. O meu cerebro vai a toda présa examinando o terreo. Un, dous, tres, por pouco! Os músculos están en tensión, doe. Os latexos do corazón son cada vez máis rápidos, semella querer fuxir pola gorxa. Podo sentir a secreción de adrenalina. Costa respirar, os pulmóns queren rebentar a caixa torácica por falta de espazo. Alto!Se ergo o pé... -Fillo queres deixar de xogar co boneco e comer os lacasitos."


Andrea Taboada Rodríguez, 2º B. B



2º premio
A INVASIÓN DA PRAZA
Cando Xoán chegou ata a praza maior do pobo atopouse cos invasores: abellas xigantes rodeando a súa gran colmea, viquingos xunto co seu barco armados para a guerra, un avión esnaquizado cos superviventes do accidente, uns militares co seu tanque, e unha revolución animal seguindo ao seu can xefe. Semellaba unha competencia demasiado difícil para as nosas sevillanas bailando ao ritmo de “reggaetón”. Pareceume que neste carnaval non gañábamos nin o premio á música máis orixinal.


Guillermo Martínez Loureiro, 1º B. A
 
Premios por categoría:
1º premio: Vale de 40 euros para gastar en libros ou música.
2º premio: Vale de 15 euros para gastar en libros ou música.

Falade con Miriam para xestionar os premios

3/31/2017

Andaina da ENDL

O dez de abril organízase unha andaina cos alumnos que colaboran con normalización, vaise percorrer a ruta fluvial do Tea comezando en  Mondariz, indo río arriba, e rematando en Poldras deTanín, 6km.
Aproveitamos ese mesmo día pola tarde para visitar o Castro de Troña.

Conmemoración 8 marzo


O alumnado participou este ano na conmemoración do 8 de marzo xúntándose no patio e recreando entre todos o signo que representa "o feminino". Aproveitouse tamén ese momento para gardar uns minutos de silencio en apoio ás mulleres vítimas da violencia machista. 


Entroido no IES



Un ano máis o alumnado participou nunha das súas festas máis queridas.



1/31/2017

VI CONCURSO DE MICRORRELATOS

Participa na Revista Intuilequia curso 2016-2017!!!!!!




Quen pode participar?
Alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón

Tema: libre (extensión ata 125 palabras ou 1000 caracteres)

Os textos d@s participantes deberán ser inéditos, escritos en galego e poderán ser publicados no noso blog ou na nova edición da revista Intuilequia. Serán descalificados aqueles textos que non cumpran os requisitos, ou que atenten contra as normas do RRI do noso IES.

Forma de Entrega:
- envío ao enderezo electrónico: carpediemtui@gmail.com

- ou enchendo o formulario de PARTICIPACIÓN (pincha arriba, debaixo da foto de cabeceira) neste blog

Prazo de entrega: desde xa ata o 28 de febreiro as 23.00h !!! 

O mes máis pequeno para os relatos máis curtos ;)


Premios por categoría:
1º premio: Vale de 40 euros para gastar en libros ou música.
2º premio: Vale de 15 euros para gastar en libros ou música.

Dúas Categorías:
A. Alumnado de 1º, 2º  e 3º da ESO, EPA, ESA e FB
B. Alumnado de 4º, Bacharelato e Ciclos