Ate o último día non se sabía se íamos comer as castañas con ou sen chuvia, pero ao final este venres o tempo permitiu gozar dun magosto no patio. Como xa ven sendo costume, a maioría de vós participastes no xogo do brilé e noutros xogos tradicionais, os zancos, as carrilanas, as rás....mentres esperabamos a que o lume fixera o seu traballo.
![Magosto 2016](https://c3.staticflickr.com/6/5470/30867768122_d0575e1815_n.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario