26 de maio de 2016

V Concurso de Microrrelatos do IES Indalecio Pérez Tizón

O xurado formado por:
Miriam Burgos (profesora)
Conchi Lado (profesora)
Jorge Suárez (profesor)
Raquel Bravo (2º BAC-A)
Aicha El Jabraoui (2º BAC-A)
Estela Loureiro (1º BAC-B)
Acordou conceder os seguintes premios do V concurso de Microrrelatos do IES Indalecio Pérez Tizón:
CATEGORÍA A
1º PREMIO: María Ordóñez Gómez de 3º ESO-B
Ía moito frío, todo estaba conxelado. Desde o cristal podíanse ver os peixes xeados. Tamén estaba toda a horta, había brócoli, fabas. xudías...todas conxeladas-Entraremos noutra Era Glacial- pensei. O frío empezábase a apoderar dunha das miñas mans.
-Como non saques a man do conxelador, a dependenta botaranos da sección de conxelados- dixo a miña nai.
2º PREMIO: Eva Ordóñez Gómez de 2º ESO-A
Aquilo era como un campo dos da miña videoconsola. Unha herba negra e gris, case palla. E no medio un buraco, sen plantas nin herballos. Coma se estalase alí unha bomba suicida pero como un virus, que se ía estendendo e cada día crecía máis e máis polos arredores. O chan estaba branco e vermello.
-Deixa de mirarlle a calva ao teu pai.

CATEGORÍA B
1º PREMIO: Wardia Soukkani Bahri de 2º BAC-B
Noite, a salvo. Xa terminou o teu obxectivo de sobrevivir unha vez máis.

Entre as sabas cálidas e a escuridade do cuarto evádeste da realidade e mergúllaste na soidade aínda máis profundamente. Alí, onde nada salvo as sombras da túa mente te observen e xulguen.
Onde podes xogar co xa podrido mundo canto e como te veña en gana. Cóbreste para protexerte do filo cortante da realidade. O frío e o cansanzo de escoitar os rumores que ti mesma difundes no teu interior desordénante coma quen desordena un crebacabezas.
Detés o tempo, os teus pensamentos, detés o son e o silencio, detelo todo, e sen darte conta volves estar no punto de partida, outra vez.

Día, a sobrevivir.
2º PREMIO: Andrés Canosa Troncoso de 2º BAC-A

Conta unha lenda olvidada que unha vez existiron dous seres destinados a unirse. O primeiro ser era unha muller delicada, fermosa e de melena prateada. O segundo, un home moreno, corpulento e chamativo. Permaneceron xuntos un tempo e tiveron unha filla, pero a atracción transformouse en repulsión sen saber o motivo. Agora a nena depende do pai, obrigada a permanecer xunto a el, pero o que el non sabe é que de vez en cando a nena escapa para ir a xunto da súa nai e así poder xogar cos seus cabelos prateados agochadas na escuridade, lugar ao que seu pai non pode chegar. Finalmente, sen que o seu pai o soubera, a nena foi bautizada como Terra.

Noraboa aos gañadores e gañadoras! Agardámosvos a todos e todas na edición do vindeiro ano.

Ningún comentario: