21 de xaneiro de 2009

visita a radio tui


A equipa de radio do noso instituto non para quieta nin un momento, ao tempo que argallan o concurso "PONLLE NOME ÁS ONDAS" no que calquera pode aportar ideas, tamén andan coñecendo mundo, neste caso achegáronse hoxe MÉRCORES 21 de xaneiro pola tarde a ver as instalacións da Radio Municipal de Tui.
En breve poñerán todos os coñecementos que adquiriron ao noso servizo coas emisións da nova emisora escolar do instituto.

Ningún comentario: